CONCERTO DE NADAL E ENTREGA DE PREMIOS DOS DISTINTOS CERTAMES DO ANO.

Festival de Nadal coa participación de: Coral Polifónica de Quiroga, Banda de Gaitas San Martiño de Quiroga e Grupo de Baile San Martiño de Quiroga.





TELECENTRO: BO NADAL E FELIZ ANINOVO.

Os nen@s que participan nas actividades do Programa de Apertura de Centros fóra de horario lectivo desexan un BO NADAL E FELIZ ANINOVO para todos.



VIDEOCONFERENCIA DOS NENOS DE QUIROGA CON PAPÁ NÖEL.

O día 15 de decembro, 36 nenas e nenos de primeiro e segundo de Infantil do Colexio Público de Infantil e Primaria de Quiroga, participaron na videoconferencia con Laponia para facer as súas peticións a Papá Noel dentro da campaña da Rede de Telecentros: Comunícate.